Blogia
PORTAS ABERTAS 2007

VISITA A CIDADE DE LUGO (ALUMNADO DE BACHARELATO)


Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de Bacharelato de Humanidades estiveron o pasado 18 de abril na cidade de Lugo acompañados polas súas profesoras de Latín e Grego e Literatura Universal. Pola mañá visitaron o Museo Provincial para contemplar os restos castrexos e romanos. De seguido fixeron un paseo polo adarve da muralla bimilenaria da cidade. Tralo xantar presenciaron a representación da obra "Xemelgos" de Plauto a cargo do grupo de teatro "Sardiña"dos IES de Elviña e a Sardiñeira de A Coruña no Auditorio Municipal Gustavo Freire. Acompañounos un magnífico día de primavera.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres